Artistas

Javier Turnes & The Hakemen

blues, soul, R&B

Javier Turnes & The Hake Men é o novo proxecto musical do frontman da Bakin’bluesBand. Músico e profesor de filosofía fascinado pola música norteamericana de raíz, especialmente polo blues e o soul, Javier Turnes volve tocar blues rodeado de tres músicos de recoñecido prestixio na escena musical galega e española que constitúen unha banda sólida e chea de groove: Luke Jennings, Marino Orejana e Pedro de Gregorio.

Con máis de vinte anos sobre os escenarios e un puñado de discos publicados con diferentes formacións, Javier Turnes liderou durante once anos, á voz e a guitarra, a Bakin Blues Band. Fundou e dirixiu o festival internacional de blues “Fisterra Blues Experience”. Tanto coa Bakin como en solitario xirou por algunhas das mellores salas e festivais de la península.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.