Artistas

Lacandona

Autor, Pop

Cantante e compositor arxentino, LACANDONA chega ao FAM 2024 cunha longa traxectoria que o avala, tras tres discos editados ás súas costas, “Soles de resistencia”, “Non hai tregua” e “O Esconxuro”. A súa proposta musical foi alimentada no directo ao longo de decenas de shows, festivais, algúns premios, xiras e colaboracións internacionais, chegando a Galicia en 2019 seguindo os pasos dos seus avós Julio e Maruxa.

Cun estilo musical mestizo, que vai do reggae ao rock, do rap ao tango, da canción de autor española ao folclore latinoamericano, Lacandona é atravesada por unha lirica profunda, sensible e picante. Chega ás rúas de Compostela co seu formato banda por primeira vez desde a súa chegada a España. A banda estará conformada na súa maioría por músicos nados en Galicia. Daniel en Batería, Brais en guitarra, Antia en teclados, Nacho en baixo e Diego en saxo. A formación complétase co cubano Gines como trombonista.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.