Artistas

LENI PEREZ e SEKADRA

fusión tradicional-jazz-rock- electrónica

Este proxecto xorde co encontro de Leni Pérez, pandeireteira, recompiladora, docente e intérprete de música tradicional cun traballo excepcional e moi recoñecido dentro e fóra de Galicia dende hai máis de 30 anos, e o dúo de batería e teclado SeKadra, que son Paulo Silva e Arturo Rúa, músicos de dilatada traxectoria tanto nacional como internacional acompañando a diversos e renomados artistas de diferentes estilos polo mundo.

O proxecto conta tamén co apoio inestimable do gran baixista Paco Dicenta, que xa é un músico lendario na escena galega dos últimos 30 anos, cunha experiencia en gravación e directo cun gran número de bandas de diferentes estilos.

O grupo fusiona o repertorio da música tradicional galega con elementos de jazz, contemporáneo, rock e electrónica.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.