Cantora e compositora ferrolá, descubre a súa paixón pola música ó longo das súas viaxes por latinoamérica, especialmente no Brasil. Isto vese reflectido nas súas composicións cheas de vida. A súa proposta establece unha conexión entre o ancestral e o moderno. Instrumentos tradicionais e pinceladas de electrónica, cociñan uns caldos galegos con sabores tropicais e ritmos do mundo.
Músicas de raíz que percorren os corpos e convidan ao baile. As fronteiras desaparecen e xurde un sentimento universal: formamos parte de algo máis grande.
