Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/festivalfeitoaman/www/wp-includes/functions.php on line 6114
Los Vagos - Feito a Man

Artistas

Los Vagos

Pop-rock

En palabras do propio grupo “Pode que o rock sexa unha merda de música pero a nós salvounos dunha merda de vida”. E é por iso que, dende 1986 Os Vagos practican o denostado “Pop Rock” (curiosamente xa non hai ese estilo en case ningún lado e tes que escoller ou Pop Indie ou Rock-Punk) e con el poden confirmar sen temor a equivocarse que son o anti “in”, o anti cool, e que non están nin estiveron nunca de moda nin na cabeza de ningún cartel. O que si foron foi o primeiro grupo de menores de idade que tocou nun cárcere (Monterroso 1988), gravaron un disco co “innombrable J.P, editaron cinco álbumes, gravaron dúas bandas sonoras para senllas películas, escribiron un libro autobiográfico e moitos mais etcéteras.

Actualmente son uns cincuentóns compoñendo e tocando as súas cancións alí onde se lles reclame. Tabernas e bares que son seu fogar. Defínense como “delincuentes xuvenís xubilados”. Son prodixiosos e ademais descoñecidos. Pódese pedir mais?