Con antecedentes en bandas como Los Hijos Bastardos de Peter Lorre ou The Allnight Workers, os irmáns “Rufus El Guarro” e Jorge Lorre (tamén involucrados noutros proxectos actuais como Family Folks, The Bo Derek’s ou Lorre) montan esta banda en 2014, coa idea de facer dos seus concertos auténticas celebracións de Rock’n’Roll, onde o frat, o surf instrumental, o garage ou incluso o punk teñen unha cita ineludible coa diversión e o sentido do humor. Para iso chaman a Ivan “Koko” Soutiño (Toxic Patrol, Breakin’ Bones, Pegas Negras…) ó contrabaixo. Dende entón están tocando sen parar por toda Galicia e España ademais de ter feito dúas xiras italianas. Nos seus directos ademais dos seus temas pódense atopar versións de grandes clásicos de artistas como Link Wray, Bo Diddley, Flamin’ Grovies ou Screaming Lord Sutch.