Artistas

Malabesta

folk-rock

Malabesta é un becho bravo sen domesticar. Un dragón incandescente de longas farpas e cinco cabezas, e quen sabe se algunha máis. Son soños piratas navegando por mares de whisky e ron e recontando compases de blues cos dedos, entoando algunha vella canción de Tom Waits e rasgando as cordas dalgún perdido e estraño bluegrass. Malabesta é un becho con chupa de coiro, moi mala hostia e ningunhas ganas de ir durmir. Un encontro nocturno nalgunha taberna da Zona Vella de Compostela, unha conversa sobre músicas, unha promesa de xuntarse a facer algo xuntos. Admiracións mutuas e amor polas músicas vellas deron no nacemento de Malabesta, unha banda composta por 5 vellos coñecidos da escena musical galega de ben diversos estilos e cunha química artística tan incendiaria como evocadora.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.