Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the divi-booster domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/festivalfeitoaman/www/wp-includes/functions.php on line 6121

Notice: Function _load_textdomain_just_in_time was called incorrectly. Translation loading for the wordpress-seo domain was triggered too early. This is usually an indicator for some code in the plugin or theme running too early. Translations should be loaded at the init action or later. Please see Debugging in WordPress for more information. (This message was added in version 6.7.0.) in /home/festivalfeitoaman/www/wp-includes/functions.php on line 6121
Meu - Feito a Man

Artistas

Meu

Rock

Catorce anos despois de ofrecer o seu último concerto, Meu retorna ao circuíto pop. E faino co peso da experiencia e o maletín cargado de cancións atemporais, xestadas con pulso punk, melodías power-pop e toda unha serie de matices que invocan a new wave máis xenuína. Pero, sobre todo, con ganas de amosar o que son: unha das formacións máis relevantes que nos proporcionou o pop galego no século XXI. Artesanía e inspiración en pos de reivindicar álbumes tan sobresaíntes como “What’s Up?” (Rock On, 2005) e “Did you Hear?” (Rock On, 2007), mostras inequívocas dunha metodoloxía do bo facer que arrinca en 2004 coa formación dun súper grupo integrado por membros de Deluxe, Elephant Band, Ultracuerpos e Triceratops, encarnados na súa primeira formación por Ricardo Saavedra, Nacho Moura, Mikelini e Ramón Saleta. De semellantes vimbias, emerxeu unha proposta insubstituíble ao longo de tantos anos de ausencia, que agora regresa para reclamar o sitio que sempre foi seu e que ninguén soubo ocupar en todo este tempo.