Artistas

Nación Ekeko

étnica, folktrónica

A fusión de sons andinos, latinos e africanos co house, o dub e a tecnoloxía ao servizo da improvisación fan da música de Nación Ekeko unha viaxe sonora única. O proxecto nace do encontro con personaxes latinoamericanos, de cantos e recitados recompilados. Un gran percorrido musical que atravesa de punta a punta as veas abertas de América Latina. O seu directo convida á interacción constante co público nun encontro que celebra a vida a través do ritmo e a danza colectiva. O proxecto personifícase en Diego Pérez: músico, compositor e produtor, creador e integrante tamén dos proxectos Tonolec e Les Yacaré.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.