Cuarteto tradicional fundado no barrio compostelán de San Lázaro nos anos 50. A actual formación, que a modo de homenaxe colle o nome do cuarteto orixinal, busca levar os ventos santiagueses da gaita e as voces alá onde vai, con vocación de servizo ao baile e ao cancioneiro do País.
O seu repertorio mistura as cantigas dos coros históricos Galegos ( Cantigas e Agarimos, Toxos e Frores, Cántigas da Terra, Coral De Ruada…) foliadas e pandereitadas que se combinan con pezas instrumentais da comarca de Compostela.
Actualmente o grupo integranos Xan Ferrás, Manuele Pardo, Toño Vidal e David Canto.
