Artistas

Pablo Leira

Rock, Folk americano

Pablo Leira, con apenas 23 anos, vén de cursar un título en interpretación de guitarra no Berklee College of Music, en Boston, onde recibiu unha bolsa e obtivo premios como o John Laporta en 2019 e o premio Jimi Hendrix en 2020.

Preséntanos nesta edición do FAM o seu «Dirt, Wood & Grass» (Ferror Records, 2023), disco de debut que aúna detalles do son americano e o folk mediante un toque persoal fascinante, cantando e tocando case todo coa axuda de músicos ferroláns de prestixio. En total nove cancións conmovedoras, con elevadas doses de intimismo, a base de preciosas melodías cantadas con magnífica voz e envoltas en marabillosos arranxos instrumentais interpretados coa axuda dalgúns instrumentistas de auténtico luxo, no estudo e en directo, que poderá gozarse este mes de agosto na cidade vella de Compostela.