Artistas

Ruxe Ruxe

Rock

Tras 27 anos de carreira, os grandes referentes do ‘rock do país’ están no mellor momento da súa historia, cunha evolución significativa no seu son, abríndose a novas influencias e estéticas que, en realidade, consolidan o seu xeito único de facer música. Actitude punk e amor polo noso nun dos directos máis sólidos do rock galego.

A banda é sen dúbida un referente do rock galego, movéndose á marxe dos grandes poderes da cultura, das modas e do politicamente correcto. “Co espírito de loita por bandeira, do rock do país, do rock libre e de combate, do realismo máxico e do corpo a corpo sincero, directo e emocional”, a esencia do ADN dos Ruxe Ruxe queda patente en cada disco editado e en cada concerto que deron dende os seus inicios. O grupo naceu en Aríns en 1996 con catro amigos do instituto, tres dos cales (Xan Pericán, Xaco Barona e Vituco Neira) conforman agora o núcleo veterano da banda. Ademais de 14 LP’s, teñen varios EP’s, unha banda sonora, unha curtametraxe, un documentario sobre o grupo, un cómic e incontábeis colaboracións, ademais do disco tributo “25 anos ruxindo” co que 32 bandas galegas rendéronlles homenaxe.

En marzo do 2023, presentaron “Unha noite no interior dunha faísca” (Lobicán Records), o seu agardado novo disco, unha evolución e un cambio significativo no son da banda que poderá gozarse no directo do FAM 2024.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.