Artistas

Satélite Salitre

Contemporánea, Autor, Pop, Jazz

Alén de historiador, creador audiovisual e músico autodidacta, Pilo Sierra é un namorado de Galicia, da súa lingua e das súas xentes. Coma investigador incansable da cultura galega, embelesado polo seu patrimonio, o artista compostelán amosanos o seu universo máis intimo neste proxecto feito en colaboración xunto ao cuarteto de cordas experimental Suelen Estar Quartet e o recoñecido baterista Lar Legido. Un proxecto no que a lingua, a música, a poesía, o mar, o ar e a terra conflúen en doce composicións orixinais; un canto de amor co que render homenaxe ao benquerido artista Fran Pérez, Narf, fonte de inspiración de todo o proxecto.

“Satélite Salitre é unha illa na que abeirar tras un longo navegar polos mares da lingua, da xente e a terra, un proxecto á vez de tránsito e destino” Pilo Sierra

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.