Artistas

Tabernarias

Boleros, Rancheras

Tabernarias é o espíritu das vellas tabernas. Da música que criou ás súas integrantes e tamén a das melodías navegantes e transoceánicas. Os ritmos da América do sur e do centro, os boleros, as rancheras pero tamén todo o folclore vizoso e os sons vitais do Perú, de Chile ou da Arxentina. Tabernarias reinterpreta e esencia, emociona, recupera, trae de volta, mestura e reinventa mentres reinvindica a taberna, e a súa música, como lugar imprescindible de encontro, de celebración de vida e de latexo cultural fermoso e infinito

A proposta en directo da banda para esta edición do FAM sube ás táboas a Carlos Méndez no contrabaixo, Rocío Jiménez á voz e percusión, Andrea de Francisco á voz, o laúd e bombo e á voz, guitarra e charango de Manolo Gómez.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.