A vibrante enerxía da era do swing mestúrase coa elegancia en The Swinging Flamingos, que buscan trasladar a un formato reducido a esencia das grandes big bands norteamericanas. Delo encárganse Alex Salgueiro ao órgano hammond, Antonio Otero á voz e saxo tenor e Chus Pazos á batería. Fats Waller e Louis Armstrong van da man de Count Basie e Frank Sinatra nesta particular homenaxe que nos ofrece The Swinging Flamingos. Lánzate á pista de baile, déixate levar e goza dun espectáculo cheo de enerxía, swing e bo humor.