Artistas

XENTE

The Momento Impro

Seguro que algunha vez te preguntaches sobre que discuten eses descoñecidos cos que te cruzas, onde se coñeceu aquela parella ou por que fala soa esa persoa. Se é así, XENTE é o espectáculo que estabas esperando.

En XENTE, a praza convértese no escenario e as persoas que pasan convértense nos protagonistas. As historias xurden do movemento dos transeúntes, das súas conversas, dos seus xestos.  Que a túa imaxinación voe coa nosa. Acompáñanos nesta viaxe pola poesía da rúa, o amor, as intimidades, a risa e os momentos surrealistas que che farán pasar da gargallada á pura emoción a cada intre.

XENTE xunta o mellor do happening e do teatro de rúa coa improvisación teatral, nun formato tan orixinal, fresco e divertido, que cambiará o teu xeito de pasear e de mirar á xente coa que te cruzas.

Do teatro de rúa máis puro, un dos actores interactúa coas persoas que pasan, xerando situacións e imaxes, mentres os outros dous dialogan estas escenas, creando historias tenras, divertidas, asombrosas, momentos que nunca imaxinaches que poderían suceder, pero que xa nunca poderás esquecer.

Logo Feito a Man
Privacy Overview

This website uses cookies so that we can provide you with the best user experience possible. Cookie information is stored in your browser and performs functions such as recognising you when you return to our website and helping our team to understand which sections of the website you find most interesting and useful.