“Ego Sum” Casa Morada

Praza de Feixóo

12 Agosto, 2019 20:30 Praza de Feixóo

Performance “Ego Sum” realizada por Casa Morada.


O ego, constructo social e individual onde o eu permanece encerrado. A veces é útil na nosa interacción cun grupo, pero case sempre nos fire, desconecta e encerra.

¿Que sucede se paramos todo ese ruído? ¿Se arrancamos as etiquetas? ¿Se nos espimos? .

Aí nace o grito, aí nace, no silencio nace o eu auténtico.

Esta performance é unha viaxe metafórica nese traballo emocional. Invítanvos a espirvos con elas.