Queres axudar a que o Feito a Man siga medrando libre e independente? Merca a pulseira #SONFEITOAMAN

O Feito a Man reúne cada ano a entre 50 e 60 propostas artísticas diferentes. Realízanse sobre 80 espectáculos ao vivo en 20 espazos diferentes da cidade vella de Compostela durante 26 días!! É un festival independente que se pode levar a cabo grazas ao apoio do Concello de Santiago de Compostela, o patrocinio da Deputación da Coruña e Estrella Galicia e ás colaboracións de Lodeiros, Swcheppes, Tórculo e O Dezaseis.

E queremos que este festival siga medrando LIBRE e INDEPENDENTE.

É por isto que agradecemos a túa axuda!! A de todas esas persoas que estades sempre a mediados de xullo agardando a ver cal será a programación dese ano. A de todas as persoas que desfrutades día a día das actuacións . A de todas as persoas que agradecedes que en agosto ocurran cousas marabillosas nesta cidade. A dos turistas que se moven polas ruelas seguindo o son na procura da música ao vivo…

Todas estas persoas podedes colaborar do Feito a Man cunha pequena aportación de 3€!! E, para que conste, e todo mundo saiba que fixeche a túa achega ao festival, poderás lucir a nosa pulseira!! 😉

MERCA A NOSA PULSEIRA #SONFEITOAMAN!!!

IMG_20160811_161534